PORSUPORTO

Propuesta ganadora en la votación del jurado profesional del concurso de ideas para el puerto interior de A Coruña. Elaborada junto a Ergosfera, Hábitat Social Cooperativa y Damián Romay (biología)

PORSUPORTO from PORSUPORTO on Vimeo.

Sobre o futuro dos terreos portuarios da Coruña debátense duas cuestións fundamentais: cantas e cales das súas actividades permanecerán no porto interior? e que usos e titularidade terán os peiraos que deixen de cumprir unha función portuaria?

Porsuporto é unha proposta en tres tempos para abrir o bordo litoral aos usos urbanos, manter as actividades portuarias e consolidar a titularidade pública dos peiraos.

– No curto prazo, formúlanse transformacións inmediatas, de baixo custo e provisionais, para abrir vistas, camiños e pequenos espazos públicos de convivencia e contigüidade co porto.

– No medio prazo, introduciránse os usos públicos e as novas formas de mobilidade, aproveitando as posibilidades das estruturas singulares como a dársena da Mariña ou a Medusa, e dando lugar aos espazos en reserva para acoller as necesidades do futuro.

– Xa no longo prazo, propóñense importantes reordenacións urbanísticas que fixan a súa condición pública e portuaria, mentres tecen a cidade co mar desde a perspectiva transversal dos barrios e a lonxitudinal da área metropolitana.

A liberación de espazos fai posible unha mobilidade multimodal que responda á problemática dependencia do automóbil. Na escala urbana, facilítanse os desprazamentos peonís, ciclistas e en
transporte público, e a nivel metropolitano, recupérase o transporte marítimo dentro da ría e o tren de proximidade ata San Diego.

A sustentabilidade da proposta basease no aproveitamento das fontes de enerxía renovables do ámbito, no peche de ciclos, favorecendo a reutilización e a reciclaxe das infraestruturas sen uso, e no tecido da rede rexional de espazos naturais, coa incorporación de numerosas zonas verdes e a recuperación do tramo final do río Monelos.

O modelo económico formulado parte da condonación ou a refinanciación da débeda portuaria, e basease na consolidación das súas actividades económicas, na introdución de novos usos loxísticos, produtivos, terciarios e residenciais, sempre en solo público, e na procura da máxima autonomía política e financeira do Concello para desenvolver as accións propostas.

Respecto ao dereito á participación cidadá, defínese unha metodoloxía na que todos os axentes arredor do porto compartan espazos, e poder de decisión, nun proceso adaptado aos tempos de traballo da cidadanía no que a información, o debate e o control público sexan continuos en todas as etapas.

Deixando atrás a lóxica inmobiliaria dos famosos convenios de 2004, imaxínase un porto que segue a ser porto e unha cidade que se infiltra para posibilitar, coma no dique de Abrigo, o espectáculo de vivir como urbano o que en orixe era só infraestrutural.